Un home impuntual é un fermoso álbum protagonizado por un home absolutamente impuntual a quen lle gustaría deixar de selo. pero non pode. máis quixera. pero por moito que o intenta, o reloxo, e a súa tiranía, deciden por el. así que o tempo se converte non nunha cousa relativa, senón nunha cousa absolutamente atafegante. ¿pero como é posible chegar tarde a todas partes? ¿pódese ser absolutamente impuntual?
